martes, 21 de abril de 2015

Semana Santa

A Semana Santa foi en parte xenial e en parte plof, os primeiros días fun con miña irmá a Porriño e foi xenial, fixemos excursións a Vilanova da Cerveira e Tui. Os outros días non tanto porque en parte volvin a rutina dos mesmos lugares pero estiven con amigas e non podo pedir máis.
Foi a mellor Semana Santa da miña vida.

Vilanova da Cerveira

Volta á rutina...

Tras o parón de semana santa, toca volver aos libros, as clases e.... Veña! Que queda pouco! Tres meses... Parece que foi aínda onte cando facía sol, estaba no verán e pensaba cómo sería ser unha chica de bachiller, iso era como outra categoría. Tras oito meses, teño que decir que non é tan complicado como o pintaban. Decían: é complicado, vas ter que estudar todos os días, non vas ter tempo nin para respirar, ... bla, bla, bla. Paparruchas!  Non estudiei todos os días, para qué mentir, os meus compañeiros son xeniais( cousa que me asustaba), os profesores son os mellores, axúdanche no que necesites e máis, e eso que decían que eran uns ogros e para nada. Nada é como o pintan, é moito mellor e facer bachiller é a mellor decisión que tomei na miña vida.