lunes, 23 de febrero de 2015

Van ser tres meses xa, cómo pasa o tempo! Parece que foi onte cando me despedín de ti e en certo modo foi onte porque desde entón xa non conto os días, xa non merece a pena, todos son iguais. Antes cando me levantaba sempre pensaba: " hoxe vexote" e agora? Agora nada, só me levanto para facer algo de probeito e que ti te sintas orgullosa de min.
“- Eu a ti quérote moito. Ti a min quéresme?
- Claro que a quero"
Sintoio pero ese día mentinche. Non te quero nin te quixen, eu ameite e seguireite amando ata o día da miña morte.
Perdón por non pensar en tí tan decotío coma antes pero xamáis te olvido, xamáis. Ninguén pode esquecer a persoa que máis quere neste mundo, a que a fixo sorrir sempre que estaba o seu lado, coa que compartía soños e risas sen que moita xente o entendese.
Sei que me querías e solo espero que donde esteas, que estés orgullosa da persoa que educaches e aconsellaches porque o que son é grazas a ti.
Farei todo o que estea na miña man para que lle digas o que estea sentado o teu lado no ceo: " Ves esa rapaciña de ahí? Esa é a miña neta."



martes, 10 de febrero de 2015

Contando os días

ENTROIDEIROS!

Faltan dous días para Comadres´15, cinco días para o domingo de entroido e sete para o martes de entroido.
Serán seis días de festa continua, sen instituto nin preocupacións, días libres para vivir o momento e aprobeitar o máximo sen descanso, xa habrá tempo para dormir logo!

FELIZ ENTROIDO!