jueves, 22 de enero de 2015

Unha entrada, un comezo

Pensei moitas veces en cómo empezar este blog.
Unha de esas ideas e o típico, a presentación tipo:
"Ola, meu nome é Gloria e teño 16 anos, estudo 1º de Bacharelato no IES García Barbón por a rama social. Veño do IES Castro de Baronceli, donde fixen ESO e do CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez, donde fixen a Primaria.
O meu soño desde pequeniña foi ser mestra dos nenos pequenos, infantil, pero desde o ano pasado, o meu soño e do que estou 100% segura, é chegar a ser unha gran empresaria e ter a miña propia empresa( aínda que non teña claro de qué será)."
Esta podía ser unha entrada, pero como dixen antes, é a típica e non acabaría nunca de contar a miña vida.
Tamén pensei en escribir sobre os meus pasatempos preferidos pero sería moi corta e aburrida, xa que o que máis me gusta e leer, escoitar música e pasar o tempo coa xente que quero.
Outra entrada podría ser do que me gustaría facer nun futuro, como viaxar, facer paracaidismo ou incluso como me imaxino a miña vida na universidade.
Como estas, podría facer miles e miles de entradas, pero resultarían aburridas e sin importancia, porque digo eu, ¿a quén lle importa a miña vida, se a que a vivo son eu? A parte de que odio eses blogs donde a xente presume do que fai e do maravillosa que é a sua vida cando a adorna con moitas cousas xeniais e que moitas son mentira.
E a fin de contas, esta só e unha entrada.