martes, 21 de abril de 2015

Semana Santa

A Semana Santa foi en parte xenial e en parte plof, os primeiros días fun con miña irmá a Porriño e foi xenial, fixemos excursións a Vilanova da Cerveira e Tui. Os outros días non tanto porque en parte volvin a rutina dos mesmos lugares pero estiven con amigas e non podo pedir máis.
Foi a mellor Semana Santa da miña vida.

Vilanova da Cerveira

Volta á rutina...

Tras o parón de semana santa, toca volver aos libros, as clases e.... Veña! Que queda pouco! Tres meses... Parece que foi aínda onte cando facía sol, estaba no verán e pensaba cómo sería ser unha chica de bachiller, iso era como outra categoría. Tras oito meses, teño que decir que non é tan complicado como o pintaban. Decían: é complicado, vas ter que estudar todos os días, non vas ter tempo nin para respirar, ... bla, bla, bla. Paparruchas!  Non estudiei todos os días, para qué mentir, os meus compañeiros son xeniais( cousa que me asustaba), os profesores son os mellores, axúdanche no que necesites e máis, e eso que decían que eran uns ogros e para nada. Nada é como o pintan, é moito mellor e facer bachiller é a mellor decisión que tomei na miña vida.

lunes, 16 de marzo de 2015

Un mundo para viaxar....

Ninguén sabe canto tempo vai estar neste mundo, pero o que si sabemos e que temos que disfrutar del, das súas praias, montañas, ríos, fontes, cidades, aldeas,... Moitos dicen que este mundo xa está estragado, pero eu non o vexo a sí en ningures...

Praias de Punta Cana


Picos de Europa, Cantabria


Nueva York
Un mundo para soñar....

lunes, 2 de marzo de 2015

"Algunos infinitos son más grandes que otros infinitos"

A quén non lle gusta viaxar? A quén non le gusta ser querido por alguén que da a túa vida por ti? A quén non le gustaría ter un montón de traballos e cada vez que te abuuras poder cambialo?  A min polo menos sí e é o que fago, a estas miles de historias chámaselle libros.
Definición de libro: amigo de por vida que nunca te abandona co cal sonríes, choras e o final acabas enamorando.
Un libro e moitas veces mellor que unha persoa, saben describir exactamente como te sintes e nunca te utilizan, xamáis. 
A min o que máis me gusta de todo é que me olvido de quén son eu e deixo de ser Gloria para ser a protagonista e vivir a súa vida.
Un libro, unha vida. Sen libros non somos nada.

Un club de ensoño..

O Real Madrid é o mellor equipo do mundo dende o 6 de marzo de 1902, o día da súa fundación por Juan Padrós e Julián Palacios.
A súa casa empezou chamándose Campo De O¨Donnell ata convertirse no actual Santiago Bernabéu, pasando por nomes como Velódromo y Viejo Chamartín ou Nuevo Chamartín.
Na súa historia ten xogadores famonos como Di Stefano, David Beckham, Butragueño, Chendo, o actual entrenador da Seleción Española, Del Bosque ou incluso o propio Santiago Bernabéu antes de ser presidente, cando era o dianteiro estrela.
Para mín é o mellor equipo porque é o único que ten:
E porque xogan limpio e actualmente teñen os mellores xogadores do mundo.
Eu son madridista ata a morte. REAL MADRID <3

lunes, 23 de febrero de 2015

Van ser tres meses xa, cómo pasa o tempo! Parece que foi onte cando me despedín de ti e en certo modo foi onte porque desde entón xa non conto os días, xa non merece a pena, todos son iguais. Antes cando me levantaba sempre pensaba: " hoxe vexote" e agora? Agora nada, só me levanto para facer algo de probeito e que ti te sintas orgullosa de min.
“- Eu a ti quérote moito. Ti a min quéresme?
- Claro que a quero"
Sintoio pero ese día mentinche. Non te quero nin te quixen, eu ameite e seguireite amando ata o día da miña morte.
Perdón por non pensar en tí tan decotío coma antes pero xamáis te olvido, xamáis. Ninguén pode esquecer a persoa que máis quere neste mundo, a que a fixo sorrir sempre que estaba o seu lado, coa que compartía soños e risas sen que moita xente o entendese.
Sei que me querías e solo espero que donde esteas, que estés orgullosa da persoa que educaches e aconsellaches porque o que son é grazas a ti.
Farei todo o que estea na miña man para que lle digas o que estea sentado o teu lado no ceo: " Ves esa rapaciña de ahí? Esa é a miña neta."



martes, 10 de febrero de 2015

Contando os días

ENTROIDEIROS!

Faltan dous días para Comadres´15, cinco días para o domingo de entroido e sete para o martes de entroido.
Serán seis días de festa continua, sen instituto nin preocupacións, días libres para vivir o momento e aprobeitar o máximo sen descanso, xa habrá tempo para dormir logo!

FELIZ ENTROIDO!




jueves, 22 de enero de 2015

Unha entrada, un comezo

Pensei moitas veces en cómo empezar este blog.
Unha de esas ideas e o típico, a presentación tipo:
"Ola, meu nome é Gloria e teño 16 anos, estudo 1º de Bacharelato no IES García Barbón por a rama social. Veño do IES Castro de Baronceli, donde fixen ESO e do CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez, donde fixen a Primaria.
O meu soño desde pequeniña foi ser mestra dos nenos pequenos, infantil, pero desde o ano pasado, o meu soño e do que estou 100% segura, é chegar a ser unha gran empresaria e ter a miña propia empresa( aínda que non teña claro de qué será)."
Esta podía ser unha entrada, pero como dixen antes, é a típica e non acabaría nunca de contar a miña vida.
Tamén pensei en escribir sobre os meus pasatempos preferidos pero sería moi corta e aburrida, xa que o que máis me gusta e leer, escoitar música e pasar o tempo coa xente que quero.
Outra entrada podría ser do que me gustaría facer nun futuro, como viaxar, facer paracaidismo ou incluso como me imaxino a miña vida na universidade.
Como estas, podría facer miles e miles de entradas, pero resultarían aburridas e sin importancia, porque digo eu, ¿a quén lle importa a miña vida, se a que a vivo son eu? A parte de que odio eses blogs donde a xente presume do que fai e do maravillosa que é a sua vida cando a adorna con moitas cousas xeniais e que moitas son mentira.
E a fin de contas, esta só e unha entrada.